A Consellería de Medio Ambiente ‘autoriza o inicio dos traballos’ para volver incluír na Plisan, o maior polígono de Galicia, un millón de metros cadrados que o alto tribunal obrigara a deixar fóra por unhas características naturais xa arrasadas pola propia XuntaA Consellería de Medio Ambiente publicitou este martes que ‘a Xunta autoriza o inicio dos traballos para ampliar a superficie comercializable da Plisan en 1 millón de metros cadrados’. A medida que se atribúe en exclusiva o Goberno galego non é responsabilidade única súa senón tamén da Autoridade Portuaria e da Zona Franca de Vigo, socias no proxecto da Plataforma Loxística Intermodal de Salvaterra-As Neves (Plisan), na que aínda agora se están comezando a instalar as primeiras empresas tras dúas décadas de trámites e máis de 230 millóns de euros de investimento.