Valentín Formoso e Salvador Illa deciden ‘compartir ideario e liñas de acción’ entre o independentismo e os ‘nostálxicos do estado unitario’No mesmo día en que deixou de estar en vigor a obriga xeral de uso de máscara en interiores, o ministro de Sanidade que a implantou hai dous anos, Salvador Illa, estivo en Santiago coa súa actual responsabilidade, secretario xeral do PSC. Fíxoo para reunirse co seu homólogo do PSdeG, Valentín González Formoso, e acordar un documento conxunto, ‘Por unha España plural’, co que queren ‘compartir o ideario e as liñas de acción política e social’ das dúas formacións.